Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Profand, Aludec e Cafés Candelas, novos socios
2190
post-template-default,single,single-post,postid-2190,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Profand, Aludec e Cafés Candelas, novos socios A Asociación Galega da Empresa Familiar eleva a 59 o seu número de empresas asociadas

25 Xuñ Profand, Aludec e Cafés Candelas, novos socios A Asociación Galega da Empresa Familiar eleva a 59 o seu número de empresas asociadas

25 de xuño de 2019. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) suma tres novas incorporacións, co que xa son 59 as compañías que integran a entidade: trátase de Profand, grupo internacional vigués dedicado á pesca, procesado e comercialización de produtos do mar; a pontecaldelense Aludec, provedora internacional para a industria da automoción; e a cafeteira lucense Cafés Candelas. Todas elas súmanse á tamén recente incorporación da agroalimentaria Torre de Núñez.

A incorporación das novas empresas á asociación galega, que se materializou na asemblea anual do pasado 6 de xuño, supón unha nova demostración da crecente vontade de permanencia das compañías de propiedade familiar en Galicia, que representan o 92% do tecido empresarial da comunidade e son as principais xeneradoras de riqueza e emprego directo: 370.910 postos de traballo e 22.300 millóns de euros de valor engadido bruto (VEB) empresarial (datos de 2017).

As empresas de AGEF facturan en conxunto 9.300 millóns de euros e dan emprego directo a 49.000 persoas.