Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Ignacio Rivera, unha clase de estratexia na UVigo
2356
post-template-default,single,single-post,postid-2356,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Ignacio Rivera, unha clase de estratexia na UVigo

04 Mar Ignacio Rivera, unha clase de estratexia na UVigo

4 de marzo de 2020. Ama o que fas, soña, o cliente é o centro, ten claro o que queres e non deixes de reorganizarte e transformarte para aproveitar as novas oportunidades de negocio. Son as cinco claves de éxito que Ignacio Rivera, conselleiro delegado de Hijos de Rivera, compartiu hoxe nunha intervención diante do alumnado e cadro docente da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

Rivera salientou a importancia de saber diferenciarse, transformarse e ter claros os obxectivos dunha compañía, que no caso de Hijos de Rivera vai pola cuarta xeración familiar dende a súa constitución en 1906 a cargo do seu fundador, José María Rivera Corral, cando comezou coa fabricación de cervexa e xeo.

O conselleiro delegado de Hijos de Rivera repasou os máis de cen anos de historia da empresa ata a corporación que é hoxe en día, coa produción de cervexa, sidra, viño, mosto, auga e licores baixo 10 marcas diferentes –Estrella Galicia, 1906, Cabreiroá, Maeloc, La Tita Rivera, Licores Hijos de Rivera, Zuvit, Ponte da Boga, Agua de Cuevas e Fontarel–.

Cunha facturación de 507,8 millóns de euros, Hijos de Rivera atópase en proceso de expansión internacional e conta na actualidade con presenza en 30 países de todo o mundo.