Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Galicia abraza a FP dual
2217
post-template-default,single,single-post,postid-2217,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Galicia abraza a FP dual Máis de 200 empresas afianzan a súa aposta por esta modalidade educativa impartida en 73 centros educativos da comunidade o próximo curso

08 Xul Galicia abraza a FP dual Máis de 200 empresas afianzan a súa aposta por esta modalidade educativa impartida en 73 centros educativos da comunidade o próximo curso

8 de xullo de 2019. O incremento do 60% nos ciclos formativos de Formación Profesional (FP) dual en Galicia para o curso 2019-20 en diversos sectores produtivos supón un paso adiante no avance da FP na nosa comunidade, coa participación de máis de 200 empresas, a gran maioría con sede en Galicia.

A oferta educativa de FP dual en Galicia para o próximo curso resúmese en 29.165 prazas no primeiro curso en centros públicos e en 1.197 ciclos e programas formativos autorizados, e ata o momento as solicitudes para cursar esta modalidade incrementáronse un 40% con respecto ao ano pasado.

Entre as novidades para o próximo curso atópase a ampliación da FP dual a sectores como o marítimo-pesqueiro e o incremento ou introdución da oferta en instalación e mantemento, enerxía e auga, fabricación mecánica ou transporte, mantemento de vehículos ou enerxías renovables.

35 centros educativos da Coruña, 18 de Lugo, 9 de Ourense e 11 de Pontevedra ofertan ciclos de grao medio e superior de FP dual para o próximo curso, coa participación de 211 empresas entre as que se atopan Inditex, Aceites Abril, Aluminios Cortizo, Escurís, Pescapuerta, Armadora Pereira, Pérez Rumbao ou Finsa, entre outras.

O 34% dos alumnos galegos optan por estudar unha FP, fronte á media do 25% no conxunto de España e os máis do 80% que o escollen en Alemania. No caso da FP dual, é a opción do 60% do alumnado no país xermano.

“Nos países onde existe –a FP dual–, o desemprego xuvenil é moito máis reducido (Alemaña 7%, Austria, 11% ou Dinamarca 12%)”, sinala o Instituto da Empresa Familiar (IEF). “A orientación da formación cara o mercado de traballo é beneficiosa para todas as partes implicadas. Dende o punto de vista do individuo que busca emprego, supón un aumento da súa empregabilidade, grazas a unha maior capacitación, un incremento dos seus coñecementos prácticos e unha mellor adecuación ás necesidades do mercado. Dende o punto de vista da empresa, implica unha mellora da produtividade dos traballadores que repercute nun aumento da competitividade do tecido empresarial e do conxunto da economía”, engade o IEF.