Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Cortizo e Urovesa reciben aos empresarios novos de Galicia e Portugal
2380
post-template-default,single,single-post,postid-2380,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Cortizo e Urovesa reciben aos empresarios novos de Galicia e Portugal

14 Feb Cortizo e Urovesa reciben aos empresarios novos de Galicia e Portugal

14 de febreiro de 2020. Un grupo de empresarios novos de Galicia e Portugal participaron no III Fórum Galaico-Portugués da Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) e a Associação das Empresas Familiares de Portugal, unha edición na que os asistentes puideron visitar as sedes das compañías metalúrxica Aluminios Cortizo, en Padrón (A Coruña), e de fabricación de vehículos Urovesa, en Santiago de Compostela.

Ademáis de participar nunha visita guiada por ambas sedes, os empresarios novos recibiron a benvida dos seus directivos e tiveron a oportunidade de coñecer de perto a historia e valores destas dúas empresas familiares galegas de referencia.

O Fórum Galaico-Portugués ten como obxectivo fomentar a formación e a continuidade das compañías de propiedade familiar no futuro.