Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Adriana Domínguez, na cátedra da empresa familiar de Lugo
2226
post-template-default,single,single-post,postid-2226,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Adriana Domínguez, na cátedra da empresa familiar de Lugo A conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez defendeu a importancia das empresas familiares e do efecto sede na conferencia da apertura do curso universitario

16 Set Adriana Domínguez, na cátedra da empresa familiar de Lugo A conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez defendeu a importancia das empresas familiares e do efecto sede na conferencia da apertura do curso universitario

16 de setembro de 2019. A conselleira delegada do grupo Adolfo Domínguez defendeu hoxe a importancia das empresas familiares e do efecto sede, na conferencia da apertura do curso universitario da facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE) no campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela), cordinado pola Rede de Cátedras da Empresa Familiar de Galicia.

“As empresas que son dun lugar, teñen un lugar no mundo. As empresas familiares suman a isto, ademais, a prioridade da sostibilidade no tempo, buscando a rendibilidade, pero ás veces mesmo a pesar dela. Ser de Galicia, vende e nun mundo cada vez máis global, é moi importante saber declinar e diferenciarte polo lugar do que es”, explicou Adriana Domínguez.

A decana da facultade de ADE en Lugo e cordinadora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Santiago, Begoña Barreiro, indicou que “ás veces asociamos empresa familiar con empresas pequenas e case sen empregados; non é así e empresas como Adolfo Domínguez demostran o papel clave destas compañías familiares no tecido económico e no desenvolvemento de Galicia”.