Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas con sede en Galicia medran o dobre en emprego
2102
post-template-default,single,single-post,postid-2102,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

As empresas con sede en Galicia medran o dobre en emprego Un estudo de AGEF revela que aumentaron as súas plantillas un 12% dende 2015

29 Xan As empresas con sede en Galicia medran o dobre en emprego Un estudo de AGEF revela que aumentaron as súas plantillas un 12% dende 2015

29.01.2019. As empresas con sede en Galicia están a xerar máis do dobre de novos postos de traballo dende o inicio da recuperación económica que o resto das compañías que operan en Galicia (incluíndo o sector público). Así o indica un estudo elaborado pola Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) en colaboración con Ardán e a Rede de Cátedras da Empresa Familiar das universidades galegas. Os datos revelan que as empresas que teñen sede en Galicia aumentaron as súas plantillas nun 12% dende 2015.

AGEF estima que o crecemento do emprego nas empresas con sede en Galicia entre 2015 e 2018 situouse no 2,3% anual, fronte ao crecemento medio do 1,4% do resto das empresas que operan en Galicia.O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira, considera que “o efecto sede é fundamental para unha economía na que, ademais, o noso esforzo por medrar se ten que centrar na internacionalización, dado o escaso tamaño do mercado galego”. O 93% das empresas asociadas a AGEF ten presenza internacional.

O mesmo sucede coa xeración de riqueza ou valor engadido bruto (VEB): as empresas con sede en Galicia aumentaron o seu VEB nun 272% entre 1996 e 2016 (último dato dispoñible) e as empresas asociadas a AGEF (as máis grandes das empresas familiares) fixérono nun 377%.

“As empresas familiares tamén destrúen moito menos emprego en ciclos de recesión. No 2009, o peor ano da crise, constatamos que mentres as empresas non familiares perdían un 4,3% dos seus empregos, as familiares aguantaron cunha perda do 1,1%”, sinalou Santiago Lago, cordinador das cátedras da Empresa Familiar nas tres universidades galegas.