Asociación Gallega de la Empresa Familiar | A empresa familiar participa na comisión de expertos para a recuperación económica
2471
post-template-default,single,single-post,postid-2471,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

A empresa familiar participa na comisión de expertos para a recuperación económica

11 Abr A empresa familiar participa na comisión de expertos para a recuperación económica

11 de abril de 2020. A Asociación Galega da Empresa Familiar participa no comité de expertos que avaliará o impacto económico da crise do coronavirus, asesorará á Xunta de Galicia e deseñará medidas para a recuperación da economía, formado por profesionais do eido empresarial, académico e da sociedade civil, Círculo de Empresarios de Galicia e Consello Galego de Economistas, en traballo conxunto coas consellerías de Economía, Facenda, Medio Rural e Mar.

Representantes das principais empresas familiares de Galicia traballarán neste comité, que se reunirá telematicamente a partires da vindeira semana, para tratar de minimizar o impacto da crise derivada do coronavirus na economía da comunidade e do resto de España e enfocar os posibles escenarios para a saída da crise e a recuperación económica, coa proposta de novas medidas no ámbito económico, fiscal e laboral.

O comité de expertos conta con profesionais económicos como Santiago Lago, director do Foro Económico de Galicia e codirector da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo; Fernando González Laxe, membro do comité executivo do Foro; Emilio Bruquetas, director xeral de Reganosa e membro da Asociación Española de Directivos; Rosa Sánchez Yebra, vicegobernadora do Banco de Desenvolvemento do Consello de Europa; e Ignacio Fernández Fernández, director xeral de Finanzas de Inditex.

Consulta aquí os documentos do comité de expertos económicos de Galicia para afrontar a crise provocada pola Covid-19:

Propostas de apoio á liquidez dos axentes económicos

Propostas sobre emprego

Propostas de solvencia e fortalecemento financeiro

Informe do comité de expertos económicos de Galicia para afrontar a crise provocada polo Covid-19