Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As exportacións das empresas galegas baten récords
1787
single,single-post,postid-1787,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
grafico exportacion para web-GAL
Gráfico resumo das exportacións en Galicia e en España no primeiro trimestre de 2017.

26 Mai As exportacións das empresas galegas baten récords Galicia ocupa a cuarta posición en España no primeiro trimestre de 2017

26.05.2017

As exportacións das empresas galegas seguen en ascenso no primeiro trimestre do ano 2017 e acaban de marcar un novo récord en marzo, segundo se desprende das cifras publicadas polo Ministerio de Economía, Industria e Competencia.

O incremento xeral das exportacións en Galicia entre xaneiro e marzo foi de un 13%, con respecto ao mesmo período de 2016, cun valor total de 5.208 millóns de euros. Concretamente no mes de marzo incrementáronse nun 21% (un valor de 2.027 millóns de euros) o que representa un récord histórico no comercio exterior de Galicia. As cifras de importación para ese mesmo período aumentaron un 23%, cun valor de 4.560 millóns de euros. O superávit comercial galego é de 648 millóns de euros no trimestre.

No conxunto de España, Galicia sitúase en cuarta posición pola situación da balanza comercial neste primeiro trimestre, só por detrás de Navarra, País Vasco e Comunidade Valenciana.

Os datos do Ministerio de Economía indican que en España as exportación medraron 14,1%, cun valor total de 69.741 millóns de euros. As importacións chegaron a 76.940 millóns de euros, cunha suba do 16,5% en relación ao primeiro trimestre de 2016. O déficit comercial español para este período é de 7.199 millóns de euros, aumentando un 45,6% con respecto ao 2016.

O incremento das exportacións preséntase no contexto dun certo impulso de crecemento económico en Galicia que desde 2012 mantén en ascenso as cifras do PIB e que en 2016 triplicou as cifras de exportación rexistradas en España (un 5,9% fronte ao 1,9%, segundo o Barómetro exportador de Galicia).

A esta contorna de certo optimismo referiuse na recente XVII Asemblea Anual da Asociación Galega da Empresa Familiar o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que destacou o papel das empresas familiares que representan “á capacidade exportadora das compañías galegas”. O novo presidente da asociación, Víctor Nogueira sumouse tamén a esta percepción positiva ao referirse á “revisión ao alza das previsións de crecemento da economía galega para este ano”, que sitúa no 2,9%.