Asociación Gallega de la Empresa Familiar | A empresa familiar a estudio nun curso de verán universitario
1837
single,single-post,postid-1837,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Visita empresas familiares
Membros da Asociación galega de empresas familiares na visita de traballo a unha compañía galega.

06 Xul A empresa familiar a estudio nun curso de verán universitario Programas formativos

30.06.2017

O modelo de xestión e as características das empresas familiares serán obxecto de estudio nun curso de verán que organiza a cátedra da Empresa familiar na Universidade de Santiago de Compostela.

O curso está dirixido a alumnos dos últimos anos de Xestión ou Dirección de empresas e centrarase no análise dos aspectos máis destacados das empresas familiares, que representan máis do 95% do tecido empresarial en Galicia. Segundo explica a directora da cátedra da Empresa Familiar, Begoña Barreiro, “é un curso moi demandado e con moito éxito nas varias edicións nas que se ten programado”.

O programa académico inclúe asuntos relevantes do funcionamento das empresas familiares, como os protocolos de xestión da sucesión, as estratexias de internacionalización ou a profesionalización da xestión. Ademais levaranse a cabo diversas actividades complementarias como visitas a empresas de carácter familiar e obradoiros de traballo sobre casos específicos de empresas familiares.

Ver curso