Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Víctor Nogueira destaca o compromiso das novas xeracións nas empresas familiares
1856
single,single-post,postid-1856,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
centro-tecnologico-galicia
Traballadores nunha empresa galega dedicada ás novas tecnoloxías.

02 Ago Víctor Nogueira destaca o compromiso das novas xeracións nas empresas familiares Presencia nos medios de comunicación

28.07.2017

O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira considera que as claves do éxito nas empresas familiares pasan por “manter un firme compromiso co desenvolvemento empresarial nunha contorna cada vez máis competitiva e internacionalizada”.

O presidente da asociación cre ademais que non se pode esquecer a implicación do grupo familiar na xestión, sobre todo as xeracións destinadas a manter o impulso e a ilusión dos fundadores e por iso aposta tamén por reforzar o papel da xuventude na asociación.

Desde o seu nomeamento como novo presidente das empresas familiares, Víctor Nogueira (Santiago, 1957) ten insistido a través de distintos medios de comunicación nos temas clave que afectan directamente ás empresas familiares.

Entre os asuntos que reclaman máis atención destaca a necesidade de reformar o marco fiscal global, máis aló do imposto de sucesións ou sociedades, porque as diferencias fiscais entre as distintas zonas xeográficas, mesmo dentro dun mesmo país, acentúan os desequilibrios do mercado.

Tamén se referiu o presidente da asociación ao esforzo exportador das empresas e á necesidade dun maior crecemento das compañías de cara á exportación, xa que o volume é unha vantaxe competitiva nese terreo.

Para Víctor Nogueira un dos sinais de identidade das empresas familiares é manter un forte compromiso pola creación de riqueza, revertendo ademais esa riqueza no territorio cunha reinversión constante dos recursos.

O presidente da Asociación Galega das Empresas Familiares preside o Grupo Nogar, con forte posicionamento no sector loxístico, comercial, inmobiliario i enerxético e foi elixido presidente da entidade o pasado mes de maio.

Ver resumo de prensa