Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Víctor Nogueira anima aos universitarios ao emprendemento
1942
post-template-default,single,single-post,postid-1942,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Xoves traballadores nunha empresa galega de electrónica.

09 Feb Víctor Nogueira anima aos universitarios ao emprendemento Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de A Coruña

8.02.18

O presidente da Asociación Galega de Empresas Familiares, Víctor Nogueira, reclamou hoxe en A Coruña o papel emprendedor dos empresarios como un factor clave para o desenvolvemento en Galicia. Nogueira anima aos universitarios galegos a desenvolver unha iniciativa empresarial como modelo de futuro profesional que xere riqueza e emprego en Galicia.

Víctor Nogueira protagonizou un acto da Cátedra da Empresa Familiar na Universidade de A Coruña, resaltando o valor que as empresas familiares aportan ao territorio onde viven, tanto polo efecto sede, como pola vocación de permanencia e crecemento sen abandonar as raíces. O presidente das empresas familiares galegas constatou que Galicia está na primeira posición entre as comunidades autónomas polo peso e importancia das empresas familiares. En Galicia as empresas que viven aquí xeran 86,3% do total do emprego empresarial da Comunidade.

O presidente das empresas familiares galegas lembrou que en Galicia oito de cada dez empresas familiares apostan polo investimento en innovación e internacionalización e pediu aos estudantes que sumen talento, esforzo e tempo para converterse en emprendedores.

Víctor Nogueira apostou polo papel dos membros das empresas familiares como factores básicos dun equipo que está detrás de cada empresa interesada en continuar defendendo o proxecto. Para o presidente da asociación, as empresas familiares precisan transmitir os seus valores aos novos membros, un aspecto diferencial fronte ao resto das empresas nun contexto acoutado polo financiamento, a lexislación e a burocracia como factores comúns.

A Asociación Galega de Empresas Familiares colabora coas cátedras da Empresa Familiar nas universidades galegas de A Coruña, Santiago e Vigo, na realización de estudios, publicacións e ciclos de conferencias sobre estratexia de negocio, innovación, internacionalización, valor de marca ou compromiso co entorno.