Francisco Barbeito, Jaime Borrás, Andrés Alonso e Anxo Mourelle.

Tres casos de éxito empresarial Artai, Cabinas Lagos e Cristal Pontevedra

16.09.2015

Andrés Alonso, xerente de Improven en Galicia, como experto en xestión empresarial, moderou un coloquio sobre tres casos de éxito de empresas familiares galegas.

Jaime Borrás, presidente da aseguradora viguesa BVC Artai, subliñou que unha empresa familiar “é primeiro empresa, e despois familiar”, explicando as dificultades do membro da saga que se responsabilice da xestión da sociedade. Anxo Mourelle, conselleiro delegado da compañía Cabinas Lagos de Bergondo (A Coruña), recomendou “desprazar a atención ao cliente e non ao interior da empresa familiar”. “Creo no concepto familia de empresarios”, indicou o empresario coruñés.

Francisco Barbeiro, xerente de Cristal Pontevedra, remarcou a importancia de “separar sempre a xestión da empresa da familia”. O coloquio celebrouse no marco da xornada da APD e da Asociación da Empresa Familiar de Galicia en Santiago de Compostela.