Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Recomendacións para as empresas diante do Covid-19
2411
page-template-default,page,page-id-2411,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Recomendacións para as empresas diante do Covid-19

O Ministerio de Traballo e Economía Social vén de publicar unha guía cunha serie de medidas e recomendacións de prevención e seguridade no eido laboral, individuais e colectivas, diante da crise do coronavirus, en liña coa Lei de Prevención de Riscos Laborais. Estas son as máis destacadas:

 

1. Información e medidas de seguridade e hixiene

Recoméndase ás empresas que proporcionen aos seus traballadores a información necesaria sobre as medidas de hixiene para previr e evitar posibles contaxios, como como lavar correctamente as mans ou no compartir obxectos, así como garantir a ventilación do centro de traballo e a limpeza de superficies e obxectos (medidas recollidas no documento de recomendacións da Xunta de Galicia e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia).

Tamén deben poñer a disposición dos traballadores o material hixiénico necesario (agua e xabón antiséptico, produtos de base alcohólica, etc.), informar aos profesionais sobre a hixiene de mans e establecer protocolos de limpeza.

 

2. Reforzo de medidas en casos específicos

As empresas deben destacar a importancia de reforzar as medidas de hixiene para as persoas con síntomas respiratorios como, por exemplo, cubrir a boca e o nariz ao tusir e espirrar, preferiblemente cun pano dun só uso, e tiralo a continuación nun contedor; ou, no seu defecto, cubrir o nariz e a boca coa parte interior do cóbado.

Nas empresas que requiran medidas de illamento e/ou de protección individual, é necesario informar aos profesionais sobre elas, aplicalas e facilitar o material homologado necesario e equipos de protección individual (EPI), guantes, máscaras, roupa e lentes de protección, así como dos procedementos de descontaminación.

 

3. Reorganización do traballo

As empresas teñen a opción de reducir o número de persoas en cada posto, por exemplo, co establecemento de turnos, para minimizar o número de contactos de persoa a persoa.

 

4. Implantación do teletraballo

As empresas poden implantar o teletraballo como medida organizativa excepcional naquelas empresas ou departamentos nos que sexa posible para o desenvolvemento de tarefas imprescindibles.

 

5. Suspensión total ou parcial da actividade

As empresas poden verse na necesidade de suspender a súa actividade ou parte dela fronta a afectacións organizativas, técnicas ou de produción, entre outras. Neste caso, poden consultarse a guía sobre medidas laborais excepcionais ou as preguntas frecuentes publicadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social.