Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Qué somos
1258
page,page-id-1258,page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Qué somos

92,4%

Das empresas galegas

17.852

M€ Valor Engadido Bruto (VEB)

394.083

Empregos directos

O 92,4% das empresas asentadas en Galicia son empresas familiares. Aportan o 85% do VAB empresarial de Galicia (17.852 millóns de euros de empresas familiares) e o 83,3% do emprego privado en Galicia (394.083 empregados en empresas familiares), segundo o último informe da Asociación Galega da Empresa Familiar e o Instituto de Empresa Familiar (marzo 2016).

A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) naceu en xaneiro do ano 2000, ao abeiro do Instituto de Empresa Familiar de España. É a principal asociación de empresas con raíces, sede social e vocación de permanencia en Galicia. A súa función é fortalecer e dar continuidade ás empresas de orixe familiar galego. A asociación está integrada polas 55 principais compañías galegas que facturan 9.300 millóns de euros e dan emprego directo a 49.000 persoas.