Asociación Gallega de la Empresa Familiar | O Rei inaugura o Congreso Familiar na Coruña
1611
single,single-post,postid-1611,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
A Coruña, 17/10/16. Inauguracion XIX Congreso Nacional de la Empresa Familiar.
O Rei Felipe VI, o presidente da Xunta e o alcalde da Coruña, xunto aos directivos do Instituto da Empresa Familiar na xornada inaugural.

17 Out O Rei inaugura o Congreso Familiar na Coruña

17.10.2016

O Rei Felipe VI inaugurou esta mañá o XIX Congreso Nacional da Empresa Familiar que se celebra na Coruña. “Galicia é terra de xentes emprendedoras e traballadoras, orgullosas das súas raíces; xentes que sempre deron exemplo da súa laboriosidade e do seu bo facer”, sinalou en galego o Rei de España, que anunciou que o Instituto Nacional de Estatística (INE) está a desenvolver un estudio piloto sobre empresas familiares.

O presidente de Inditex, Pablo Isla, explicou que a súa compañía xerou 7.000 novos empregos en España durante a recesión económica (2007-14), grazas ao seu crecemento internacional que xerou no noso país empregos en deseño, loxística e servizos centrais. O presidente da maior compañía familiar con sede en Galicia explicou que o éxito do seu modelo de negocio baséase, entre outras cousas, en outorgar a cada tenda o poder de decisión para solicitar as prendas con maior venta na súa localidade.

Durante o primeiro día do Congreso, o Instituto da Empresa Familiar fixo unha enquisa aos 500 empresarios asistentes: o 69% prevé incrementar a súa cifra de vendas no 2017 e o 82% prevé crear emprego.