Asociación Gallega de la Empresa Familiar | O Forum Xoves estuda como crear e manter valor empresarial
1803
single,single-post,postid-1803,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Escuela accionistas
Asistentes á primeira das conferencias da Escola de accionistas, celebrada en Santiago.

07 Xuñ O Forum Xoves estuda como crear e manter valor empresarial Escola de accionistas

8.06.2017

As actividades da Escola de Accionistas da Asociación Galega da Empresa Familiar inauguráronse cunha conferencia sobre a creación de valor na empresa. O poñente do primeiro acto académico foi Fernando Rodríguez, asociado senior de Deloitte, que xunto con Abanca, patrocina a experiencia formativa.

Fernando Rodríguez subraia que “as empresas deben esforzarse en crear valor como se se tratase dun produto máis e logo protexelo, mantelo e alimentalo”.

A conferencia tivo lugar no centro Abanca Obra Social en Santiago e forma parte do programa de actividades do Fórum da Asociación Galega de Empresa Familiar.

O novo espazo de formación empresarial xurde dun acordo entre Abanca e a consultora Deloitte. Está dirixido sobre todo ás novas xeracións das empresas familiares galegas, destinadas a liderar no futuro o proxecto empresarial, co obxectivo de ofrecer unha cualificación especializada como alternativa á formación reglada das escolas de negocios.

Ademais da conferencia impartida por Fernando Rodríguez Novo, o calendario da escola ata final de ano inclúe outras cinco intervencións de especialistas de Deloitte sobre o proxecto empresarial, o goberno corporativo, a sucesión e a estrutura financeira nas empresas familiares. O programa formativo pecharase a mediados de decembro coa intervención de Manuel Bermejo, director xeral de Executive Education IE Business School.

O Forum desenvolve tamén unha serie de encontros con persoas de prestixio no mundo económico e empresarial e visitas a empresas líderes.

Outras actividades formativas

 

O 5 de xuño celebrouse o X Encontro de Alumni do Instituto de Estudios Superiores de la Empresa (IESE) en Galicia, coa participación de máis de 220 empresarios e directivos galegos e antigos alumnos do IESE. A reunión, celebrada no Museo de Arte Contemporánea de A Coruña, estivo centrada nos hábitos da empresa familiar de éxito e contou coa presencia de Josep Tàpies titular da cátedra de Empresa Familiar do IESE. Asistiu tamén o conselleiro delegado de Corporación Hijos de Rivera, Ignacio Rivera, que falou da evolución da cerveceira coruñesa. Os actos foron clausurados polo conselleiro de Economía da Xunta de Galicia, Francisco Conde.

Ademais, na Coruña celebrouse unha xornada organizada pola Cámara de Comercio sobre o relevo xeracional nas empresas familiares, co título de Claves de rentabilidad para la empresa y la familia empresaria. Encrucijada 3R: relevo generacional, reflexión y reorientación.

Luis Granda, do Estudio de Planificación del Empresario Familiar e membro do Consello da Empresa Familiar da Confederación de Empresarios de Andalucía (CEA) explicou como afrontar o relevo xeracional cunha planificación conxunta dos aspectos civís, tributarios e mercantís por riba dos aspectos estrictamente societarios e mantendo a relación entre a empresa e a familia baixo unha perspectiva máis racional que emocional.

Por último, nunha xornada de formación que tivo lugar o 2 de xuño na Confederación de Empresarios de A Coruña, o profesor de Dereito laboral da Universidade de A Coruña, Pablo Parada, explicou as principais medidas tributarias e xurídicas dos procesos de sucesión nas empresas familiares, indicando que “o esencial é transmitir a importancia dunha correcta xestión legal e fiscal na sucesión para facilitar a súa continuidade”.