Asociación Gallega de la Empresa Familiar | O confinamento reducirá polo menos un 5,6% o PIB de Galicia
2466
post-template-default,single,single-post,postid-2466,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

O confinamento reducirá polo menos un 5,6% o PIB de Galicia

09 Abr O confinamento reducirá polo menos un 5,6% o PIB de Galicia

9 de abril de 2020. O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia reducirase polo menos un 5,6% este 2020 como consecuencia do confinamento impulsado pola crise sanitaria do coronavirus, unha perda equivalente a 3.500 millóns de euros. É unha estimación do Foro Económico de Galicia, que prevé unha caída máis pronunciada do PIB, do 7,4% (4.600 millóns), no caso de que o confinamento se prolongue ata mediados de maio.

O informe do Foro recolle tamén a afectación nas cifras de emprego, moi especialmente na quincena de redución da actividade a actividades esenciais, do 30 de marzo ao 11 de abril. Un total de 142.000 traballadores galegos víanse afectados, a 1 de abril, por perto de 29.000 expedientes de regulación temporal de emprego, con especial afectación en hostalaría (26,1% dos traballadores), comercio (20,7%) e industria manufactureira, como a alimentación e parte da fabricación industrial (19%).

Escenario “optimista” se a crise se resolve pronto

O Foro Económico de Galicia introduce dous posibles escenarios: o “optimista”, cun “efecto rebote” xerado por un embalsamento de decisións de gasto nos vindeiros meses, sempre e cando a crise sanitaria se resolva pronto e conclúa co descubrimento de tratamentos eficaces ata a obtención dunha vacina; e un segundo escenario no que persistan nos próximos meses medidas de control do contaxio e a mobilidade entre países, que “pode xerar unha distorsión notable na actividade económica e prorrogar no tiempo o impacto sobre algúns sectores (turismo, aviación civil, etcétera)”.

O Foro recomenda facer “todo o posible” para que se produza unha recuperación da actividade económica a partires do segundo semestre do ano, con “redes de seguridade nos ámbitos financeiros, empresariais e sociais” e o establecemento de “mallas de proteción que permitan evitar fortes desaxustes interruptores nos sectores e actividades básicas da economía de Galicia”.

Para iso, o Foro Económico de Galicia incide na necesidade dun “liderado forte”, un exercicio de “transparencia nos datos que permita deseñar as políticas axeitadas” e a “colaboración estreita entre os axentes implicados, que transmitan confianza ás familias e ás empresas”.