Manuel Rodríguez saúda a Jaime Borrás e a Jesús Alonso.

O 94% dos líderes de opinión galegos considera esencial dispor de empresas familiares Destacan o seu papel no desenvolvemento económico da Comunidade

O 94% dos líderes de opinión de Galicia considera que a existencia de empresas familiares galegas (con sede, domicilio social, capital e centro de decisión en Galicia) é fundamental para o desenvolvemento económico da Comunidade. Só un 6% considera “indiferente” a propiedade e a orixe da compañía, xa que considera que o principal valor é o emprego xerado independentemente da sede social da compañía.

Dentro do 94% de respaldo dos líderes sociais ás empresas familiares con sede en Galicia, o 53% o cualifica do formato empresarial “ideal” para o desenvolvemento económico e social da Comunidade; o 35% o considera “moi bo”; e o 6% o cualifica de “bo”. A cualificación de “malas” ou “moi malas” para a existencia de empresas familiares en Galicia obtén 0 respostas entre os 100 líderes de opinión enquisados.

O estudio foi elaborado en 2015 por Punto GA Comunicación para a Asociación Galega de Empresa Familiar entre unha mostra de 100 líderes galegos de opinión, que inclúe aos principais economistas, empresarios, xornalistas económicos e analistas.