Asociación Gallega de la Empresa Familiar | O 86% do emprego privado en Galicia depende das empresas familiares
1867
single,single-post,postid-1867,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
grafico
Gráfico dun recente estudio sobre o peso da empresa familiar na economía

18 Out O 86% do emprego privado en Galicia depende das empresas familiares Acto da Cátedra da Empresa Familiar na Universidade de Vigo

18.10.2017

A capacidade de xeración de emprego das empresas familiares galegas mantense en cifras estables desde 2015 cunha porcentaxe do 86% sobre o total de postos de traballo non públicos xerados en Galicia.

O impacto das empresas familiares sobre a economía de Galicia segue a ser un factor determinante: representan a maioría das empresas galegas (94%) e 72 delas sitúanse entre as 100 empresas principais do país.

O presidente da Asociación Galega das Empresas Familiares, Víctor Nogueira, destacou estes datos na súa participación nunha conferencia para estudantes de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, organizada pola Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo.

Víctor Nogueira referiuse ademais o carácter emprendedor das medianas empresas destacando que o 74% delas teñen presencia nos mercados internacionais. “Galicia está medrando no comercio exterior batendo récords de volume ano tras ano”.

Ao mesmo tempo, os informes máis recentes revelan que este tipo de empresa resistiu mellor o impacto da crise económica, con menores niveis de produtividade, debido sobre todo ao seu compromiso co emprego e a súa capacidade de adaptación.

Para o presidente da Asociación, as empresas familiares teñen por vocación e visión empresarial un papel relevante na internacionalización da economía. E tamén no tecido empresarial de Galicia, onde as 55 empresas que integran a Asociación Galega da Empresa Familiar facturan arredor de 9.300 millóns de euros.