Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Magín Froiz: “Comezamos en 1968 con menos de 0 pesetas”
657
single,single-post,postid-657,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
entrega-premio-familia-empresaria-galicia-froiz
Magín Froiz, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo e Emilio Pérez Nieto.

26 Nov Magín Froiz: “Comezamos en 1968 con menos de 0 pesetas” X Premio Familia Empresaria de Galicia

26.11.2015

“Comezamos en 1968, eu tiña 24 anos e menos de cero. Tiven que pedir cartos prestados. Todo o proxecto baséase en 5 cousas: traballo, austeridade, seriedade, aforro e respecto á Lei”, dixo Magín Alfredo Froiz Planas, fundador e presidente de Supermercados Froiz, familia de empresarios distinguida co X Premio Familia Empresaria de Galicia pola Asociación Galega da Empresa Familiar.

Supermercados Froiz é unha das principais cadeas de distribución alimentaria de Galicia, con 300 supermercados, 600 millóns de euros de facturación e 5.000 empregados (4.000 deles en Galicia). A compañía opera en Galicia, Portugal, Castela e León, Castela -A Mancha e Madrid.

Aragonés de nacemento, Magín Froiz, foi presentado polo presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto, e recibiu o galardón de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.