Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Primeiro Informe ‘Empresas que viven aquí’
1364
single,single-post,postid-1364,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Gráfico sobre valor engadido bruto (VAB) e peso económico das empresas familiares
Gráfico sobre valor engadido bruto (VAB) e peso económico das empresas familiares (Fonte: Ardán 2015)

23 Mar Primeiro Informe ‘Empresas que viven aquí’

15.03.2016

A Asociación Galega da Empresa Familiar presentou hoxe na Coruña o primeiro informe Empresas que viven aquí 2016, que recolle os principais datos das empresas galegas. O estudio sitúa a Galicia á cabeza das autonomías españolas no peso e importancia das empresas familiares.

Dentro do sector das empresas privadas, as empresas familiares representan en Galicia o 92,4% do total de empresas (88,8% é a media en España); cun valor engadido bruto por empresas (VAB) de 2,2 millóns de euros (1,6M€ é a media española); e cun número medio de empregados por empresa de 37 (a media española é de 36 empregados por empresa familiar).

O informe Empresas que viven aquí 2016 foi presentado e debatido na sede principal de Afundación en A Coruña, diante de 25 líderes de opinión de Galicia, entre os que se atopaban xornalistas especializados en economía e analistas económicos. O informe foi desglosado polo presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto, o secretario da xunta directiva, Roberto Díaz Rincón, e mais polo coordinador das cátedras da Empresa Familiar nas tres universidades galegas, Santiago Lago Peñas.