Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Glosario
436
page,page-id-436,page-template-default,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Glosario

Vocabulario

 

A empresa familiar ten un vocabulario específico que define os aspectos empresariais e familiares que integran o seu ordeamento.

Consello de administración

Órgano de administración e representación cuxa presenza na empresa familiar depende do seu tamaño e do nivel de desenvolvemento interno.

Comité de dirección

Coordina a actuación dos directivos á hora de establecer estratexias e plans de acción, mellorando a xestión.

Consello de familia

Órgano de carácter consultivo e decisorio que regula o funcionamento das relacións familia – empresa. Está aberto a todos os membros da familia.

Oficinas familiares (Family offices)

Instrumento para o  manexo eficiente na xestión e preservación do patrimonio familiar, e no desenvolvemento do seu capital humano e intelectual.

Órganos de goberno

Denominación para aqueles instrumentos organizativos que contribúen ao asentamento e evolución da empresa familiar, en apoio ao órgano de dirección establecido.

Protocolo familiar

Documento xurídico que establece as regras básicas das relacións familia-empresa, actualizado no tempo, que establece unha cultura e unha praxe empresarial como base e garantía de estabilidade. Regula, entre outras cousas:

  • a declaración de principios e obxectivos da empresa familiar
  • o regulamento de acceso de familiares a postos de traballo na empresa e a súa retribución
  • a regulación de compra-venda de accións e as súas limitacións fóra do ámbito familiar
  • o establecemento dos foros de comunicación formais (consellos, reunións)
  • as regras para a resolución de conflitos
  • as estratexias de formación
Relevo xeracional

O proceso de sucesión que establece a continuidade da empresa no ámbito familiar e que debe estar planificado e detallado nun plan que implica a todos os membros do consello familiar.