O número de asistentes ao XV Encontro do Fórum do Instituto da Empresa Familiar marcou este ano un récord de asistencia.

As empresas familiares pautan o relevo xeracional XV Encontro do Fórum do Instituto da Empresa Familiar

24.04.18

As cuestións da transición entre xeracións nas empresas familiares centraron unha parte dos debates que se desenvolveron durante o XV Encuentro do Fórum Familiar, realizado en Santander por iniciativa do Instituto da Empresa Familiar e a Asociación Cántabra da Empresa Familiar.

Os directivos e responsables de importantes grupos empresariais familiares españois coincidiron en establecer un marco esixente para as cuestións do relevo xeracional. Manuel Huerta Terán, presidente de Oxital, grupo dedicado á enxeñería e xestión do ciclo da auga, opina que “para que un membro da familia traballe con nós ten que ter  unha carreira universitaria, un MBA, falar dúas linguas e ter traballado tres anos noutra empresa”. Tamén Carlos Gallardo, conselleiro do grupo farmacéutico Almirall, indicou que a transición entre xeracións baséase no “diálogo, transparencia, incorporación de conselleiros independentes e sobre todo moito traballo”.

As intervención, charlas e  experiencias dos participantes invitados nesta ocasión analizaron tamén o escenario de innovación derivado da revolución dixital e destacaron que os factores de innovación dependen non só dun entorno altamente tecnificado, senón da actitude de compromiso no interior das empresas e a percepción do cambio. Para a directora xeral de Google en España, Fuencisla Clemares, “a cuarta revolución dixital ten como eixo a intelixencia artificial” e a súa capacidade para aproximar a tecnoloxía aos usuarios, ao través da aprendizaxe das máquinas e a creación de entornos ou asistentes virtuais.

O Fórum é un espazo de encontro e comunicación para os futuros líderes das compañías familiares españolas.