José Manuel Pérez Canal e a directora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de A Coruña, Berta Rivera.

Aceites Abril, do viño ao aceite, 56 anos de empresa familiar Conferencia de Pérez Canal na Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de A Coruña

23.03.18

O CEO de Aceites Abril, José Manuel Pérez Canal, relatou a evolución da súa empresa familiar durante 56 anos, dende o seu nacemento como compañía de viños ata a súa transformación nunha das principais firmas de aceite de oliva de España.

Pérez Canal foi presentado pola directora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de A Coruña, Berta Rivera, donde impartiu unha conferencia sobre innovación e internacionalización. O acto, promovido pola Asociación Galega da Empresa Familiar, forma parte do programa de conferencias sobre experiencias empresariais que se desenvolve en universidades e escolas de negocio galegas.

José Manuel Pérez Canal relatou a experiencia de Aceites Abril, unha empresa nacida en 1962 cun pequeno negocio dedicado aos viños, ata transformarse na principal marca de aceite de oliva de Galicia e nunha referencia de calidade en toda España. Pérez Canal destacou que unha empresa familiar, coa súa tradición e traxectoria, ten promovido o desenvolvemento industrial, o capital humano e a diversificación, chegando a converterse nun exemplo de internacionalización, innovación e, sobre todo, competitividade.

O ciclo de conferencias da Asociación Galega da Empresa Familiar centrarase nas próximas sesións noutras experiencias de internacionalización, innovación, diferenciación, creación de valor de marca ou ol compromiso co entorno de empresas familiares galegas como Norvento, Coren, Hijos de Rivera ou Conservas Calvo.