Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Jealsa Rianxeira, 77 anos facendo conservas
1337
single,single-post,postid-1337,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
FamiliaAlonsoEscuris
A familia Alonso Escurís, co fundador e a súa esposa no centro, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

27 Nov Jealsa Rianxeira, 77 anos facendo conservas IV Premio Familia Empresaria de Galicia

27.11.2009

Jesús Alonso Fernández leva medio século ao frente dunha empresa consolidada, que deu orixe a un grupo empresarial que emprega a unhas 4.000 persoas.

A familia Alonso Escurís soubo converter unha fábrica de conservas de pescado e marisco nun piar de innovación, internacionalización e emprego. O Grupo Jealsa ten diversificado a súa actividade desde os campos da alimentación (conservas, pero tamén solucións para hostalería e catering, ademais de alimentos para mascotas); pesca e servizos (buques e instalacións conxeladoras); o medio ambiente (solucións tecnolóxicas para o cuidado do entorno ou o aproveitamento dos residuos); e a enerxía (participación en plantas de coxeración ou proxectos de enerxía eólica).

A empresa familiar nacida en Boiro é hoxe unha compañía líder no sector, a nivel nacional, europeo e mundial.