Isabel Tocino, no Clube de Conselleiras de Galicia

25 de outubro de 2019. 22 directivas e empresarias do Clube de Conselleiras da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) participaron nun xantar en Santiago de Compostela con Isabel Tocino, exministra de Medio Ambiente, vicepresidenta do Consello de Santander España e membro electivo do Consello de Estado, no que intercambiaron impresións sobre o actual panorama político en España ou a presenza feminina nos distintos sectores profesionais.

Tocino tamén abordou coas conselleiras a importancia da conciliación da vida persoal e profesional, especialmente no eido do liderado feminino.

O Clube de Conselleiras de AGEF, formado por empresarias en postos de dirección, integrantes de consellos de administración ou accionistas das 59 empresas da asociación, naceu este ano co obxectivo de promover a igualdade e a diversidade e impulsar o liderado das mulleres nas compañías.