Mapa da distribución da carga impositiva no imposto de sucesións por autonomías.

Imposto de sucesións: do 7 % ao 34 % segundo a comunidade

9.1.2017

A situación do imposto de sucesións en España está lonxe de confluír nun terreo común. Os tipos impositivos aplicables nas comunidades autonómicas oscilan entre 7 % e o 34 %.

Diante desa grande diferencia fiscal, os expertos piden a harmonización das figuras impositivas para evitar a inseguridade xurídica e o risco empresarial de ter a sede social nunha ou outra comunidade.

En Galicia a lexislación sobre sucesións cambiou en xaneiro de 2015, deixando o limiar de exención nun nivel suficiente para unha maioría da poboación, pero que resulta moi elevado cando se trata de grandes grupos empresariais.

Para solucionar estes desaxustes entre comunidades autónomas os expertos propoñen homoxeneizar o marco impositivo no que respecta a exencións ou bonificacións e estreitar os tipos aplicables nun arco entre o 4 % e o 10%.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]