Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Galicia creará 30.300 empregos ata 2020 a pesar da desaceleración
2200
post-template-default,single,single-post,postid-2200,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Galicia creará 30.300 empregos ata 2020 a pesar da desaceleración Un informe de BBVA Research prevé que a economía galega medre un 2,2% este ano e un 2% no 2020

19 Xuñ Galicia creará 30.300 empregos ata 2020 a pesar da desaceleración Un informe de BBVA Research prevé que a economía galega medre un 2,2% este ano e un 2% no 2020

19 de xuño de 2019. Galicia creará 30.300 empregos entre 2018 e 2020 a pesar da desaceleración económica, cun avance do PIB do 2,2% este ano e un 2% en 2020. Así o indica un informe de BBVA Research, que tamén prevé unha caída do 11,6% na taxa de paro este ano e do 10,5% ao final do bienio 2018-2020.

“En Galicia mantense o ritmo de avance da actividade no que vai de ano, tras a desaceleración do crecemento ata o 2,7% en 2018, pola redución das exportacións, afectadas por unha contorna global menos favorable, e a ralentización da demanda interna, principalmente do consumo privado”, sinala o informe, e engade que  “a política monetaria, os prezos do petróleo e a recuperación de sectores clave apoiarán o crecemento”.

Os riscos globais do mercado, como as tensións comerciais e unha contorna de baixo crecemento, xunto cos idiosincráticos, como a incerteza da política económica ou o ritmo de creación de emprego, “continuarán sendo numerosos e a probabilidade de ocorrencia dalgúns vai en aumento”, polo que BBVA Research salienta que “se fan cada vez máis necesarias as medidas para reducir as vulnerabilidades da economía española e galega mediante as reformas apropiadas, e que xeren un crecemento inclusivo”.