Asociación Gallega de la Empresa Familiar | FP Dual, unha ponte entre mozos e empresas
2183
post-template-default,single,single-post,postid-2183,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

FP Dual, unha ponte entre mozos e empresas Un novo estudo do Instituto de Empresa Familiar perfílaa como unha opción para conectar a formación da xente nova coas necesidades do mercado laboral

18 Xuñ FP Dual, unha ponte entre mozos e empresas Un novo estudo do Instituto de Empresa Familiar perfílaa como unha opción para conectar a formación da xente nova coas necesidades do mercado laboral

18 de xuño de 2019. Un novo estudo do Instituto de Empresa Familiar (IEF) sinala o desequilibrio entre a formación da xente nova e o mercado de traballo en España onde, mentres diminúe a presenza da poboación máis nova no mercado laboral, a preparación daqueles que están dispostos a traballar a miúdo non se corresponde coas necesidades das empresas. E a Formación Profesional (FP) Dual perfílase neste documento como unha opción que contribúe a conectar a formación dos mozos coas necesidades do mercado laboral e a reducir o desemprego xuvenil.

O informe achega un decálogo de propostas no eido da FP para combater a situación de desequilibrio entre formación e as necesidades do mercado laboral en España –onde no 2016 a porcentaxe de xente nova entre 25 e 34 anos que cursara FP na súa etapa secundaria era do 45%, mentres que en Alemaña ascendía ao 88%, segundo a OCDE–, como impulsar a oferta dunha FP actualizada e adaptada aos requisitos das empresas e conectar a FP Dual de maneira definitiva co mundo empresarial.

Incorporar a FP Dual como un dos grandes piares do futuro Pacto pola Educación, promover a FP entre pemes que poidan satisfacer as necesidades locais ou sectoriais ou impulsar a colaboración público-privada no eido formativo son algunhas das propostas do IEF.

As vimbias da FP en Galicia

O Foro Económico de Galicia sinala que, na nosa comunidade, as taxas brutas de escolarización dos ciclos formativos de grao medio e superior da FP son das máis altas a nivel estatal: no curso 2012-2013 foron do 48% (a máis alta de España) e do 45,9% (a segunda máis elevada despois do País Vasco), respectivamente, uns dez puntos por riba da media española.

“Hai vimbias na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver a Formación Profesional Dual se sabemos aproveitar esta capacidade”, engade o Foro, e apunta que “fixar o promedio nacional como obxectivo para a próxima década suporía dobrar” as actuais magnitudes na FP Dual: entre 2014 e 2016 acadáronse 28 proxectos, 22 familias profesionais, 102 empresas implicadas e 543 alumnos matriculados, que representaron no 2015 o 0,79% sobre o total de alumnos matriculados en FP.