Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Familia Silveira, da frota remolcadora á cabeza da sanidade
1426
single,single-post,postid-1426,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
VII Premio-Fam Silveira-2
A familia Silveira, xunto ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo

28 Nov Familia Silveira, da frota remolcadora á cabeza da sanidade VII Premio Familia empresaria de Galicia

28.11.2012

A familia Silveira Cañizares inicia a súa andaina empresarial co patriarca, José Silveira Cañizares que, a comezos dos anos 70, funda a empresa Remolcanosa cunha frota de buques remolcadores nos litorais de España e Portugal, Tras a compra en 1997 da frota de Elcano (empresa pública integrada na SEPI), sumada á da compañía Tinina de Portugal, Remolcanosa converteuse na principal navieira española, con bases en Portugal, Arxentina, Brasil, Malta ou Bahamas.

A actividade do Grupo A Nosa Terra XXI inclúe ademais de remolcadores, buques de transporte de petróleo, gas e graneis. Representa unha cuarta parte da tonelaxe total dos cargueiros españois.

Ademais do sector do transporte marítimo, o Grupo participa desde 1996 no sector sanitario privado, tras a compra do hospital Policlínico de Vigo S.A. (Povisa), o máis grande de España na actualidade.