Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Facenda anuncia rebaixas fiscais en sucesións
662
single,single-post,postid-662,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
De izquierda a derecha, el presidente de la Asociación Galega da Empresa Familiar, el consejero de Hacienda de la Xunta y el director de APD.
O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, o conselleiro de Facenda da Xunta e o director de APD.

16 Set Facenda anuncia rebaixas fiscais en sucesións Xornada APD sobre as empresas familiares en Santiago de Compostela

16.9.2015

O conselleiro de Facenda de Galicia, Valeriano Martínez, anunciou unha “intensa” rebaixa dos impostos de sucesións e doazóns para facilitar a transmisión das empresas familiares galegas. Martínez explicou que a redución fiscal será aprobada en xaneiro de 2016 e se verá reflectida nos vindeiros Presupostos da Xunta de Galicia.

O conselleiro de Facenda fixo o anuncio na xornada sobre a Empresa Familiar de Galicia celebrada en Santiago de Compostela baixo a organización da Asociación para o progreso da Dirección (APD) de empresas. A directora da Asociación Galega da Empresa Familiar, Margarita Hermo, subliñou na apertura do encontro a “importancia da familia propietaria na estratexia e sostibilidade dunha compañía”. O presidente da Asociación galega da Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto, solicitou ás autoridades públicas “desvencellar á empresa do patrimonio para facilitar os cambios xeracionais, abaratar a sucesión e facilitar a continuidade dunha empresa familiar”.