Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Eva Levy, referente en liderado empresarial feminino
2366
post-template-default,single,single-post,postid-2366,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Eva Levy, referente en liderado empresarial feminino

05 Mar Eva Levy, referente en liderado empresarial feminino

5 de marzo de 2020. O Clube de Conselleiras da Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) acolleu hoxe en Santiago de Compostela un encontro con Eva Levy, presidenta de honra de Women CEO, unha das 25 mulleres máis influíntes de España segundo Merca2 e referente en igualdade, diversidade e liderado, quen abordou como planificar unha carreira de xeito estratéxico.

Levy, que tamén é socia directora de Eva Levy & Partners e da división Mulleres en Consellos de Administración e Alta Dirección de ExcellentSearch, compartiu coas integrantes do Clube de Conselleiras algunhas claves para impulsar o acceso das mulleres aos consellos de dirección das empresas, unha promoción da que a empresaria é pioneira, con tres décadas de traballo pola igualdade de xénero e a inserción das mulleres en todos os ámbitos.

Empresaria, activista e emprendedora, Eva Levy vén de recibir numerosos recoñecementos ao longo da súa traxectoria, sendo tres veces considerada no Top 100 Mulleres Líderes en España de Mujeres&Cía e premio Impulsora do Cambio en España do Instituto de Gestión del Cambio (iMm).