Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Cume de directivas da empresa galega
2152
post-template-default,single,single-post,postid-2152,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

Cume de directivas da empresa galega Santiago de Compostela acolleu a reunión do Clube de Conselleiras da Asociación Galega da Empresa Familiar para intercambiar experiencias e poñer en valor o papel das mulleres nos postos directivos

10 Mai Cume de directivas da empresa galega Santiago de Compostela acolleu a reunión do Clube de Conselleiras da Asociación Galega da Empresa Familiar para intercambiar experiencias e poñer en valor o papel das mulleres nos postos directivos

10 de maio de 2019. Santiago de Compostela acolleu esta semana a reunión do Clube de Conselleiras da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF), un encontro co apoio do Banco Santander que reuniu a mulleres directivas, integrantes dos consellos de administración e accionistas das grandes empresas de Galicia para intercambiar experiencias e poñer en valor o papel das mulleres nos postos directivos do tecido empresarial.

O liderado, a excelencia e a reivindicación dunha maior presenza feminina nos órganos de poder das compañías galegas son algúns dos pilares do Clube de Conselleiras, que conta na actualidade con media centena de integrantes das principais empresas da comunidade.

Á reunión acudiron, entre outras profesionais, a directora de AGEF e executiva de Jealsa-Rianxeira, Margarita Hermo, a presidenta d grupo El Progreso, Blanca García-Montenegro, a conselleira do grupo Freire, María Montalvo, a presidenta do consello de Galuresa, Dolores Martínez, Braulia Froiz, do Grupo Froiz, Isabel Pérez Martínez, do Grupo Pérez Rumbao, Alejandra Prada, da Compañía de Tranvías, María Borrás, de Artai Seguros ou Antonia Martínez García, de Finsa.

No encontro do Clube de Conselleiras, o economista, catedrático da Universidade de Vigo e cordinador da rede de cátedras da empresa familiar, Santiago Lago, ofreceu unha conferencia sobre a situación económica actual e as perspectivas a medio e longo prazo, na que tamén abordou o impacto das competencias e as megatendencias.