Asociación Gallega de la Empresa Familiar | Caída drástica do apoio fiscal ao emprendemento
1662
single,single-post,postid-1662,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
incidencias-fiscais
Praceira dun dos novos postos do mercado do Progreso en Vigo.

20 Dec Caída drástica do apoio fiscal ao emprendemento ESTUDO/ Rede de Cátedras Empresa Familiar de Galicia

20.12.2016

O apoio fiscal ao emprendemento en España desplomouse de xeito abrupto segundo os datos do estudio Incidencia dos beneficios fiscais para o fomento do emprendemento, asinado polo economista do grupo de investigación GEN e pola Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo, Alberto Vaquero.

O estudio constata a desaparición e continua mudanza de moitos incentivos fiscais para a creación de empresas e emprego. Os beneficios fiscais aplicados no rendemento do traballo (IRPF) e actividades económicas (IAE) reducíronse á metada entre 2001 (144 millóns de euros) e 2016 (75 millóns de euros); a aplicación de incentivos no imposto de sociedades (IS) baixou dende os 501,6 millóns de euros (2011) ata os 61 millóns de euros (2016) e o número de empresas beneficiadas dividiuse por sete. O mesmo sucede coa aplicación do tipo reducido de IVE para empresas ou os apoios á creación de emprego.

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo está coordenada por Santiago Lago e Elena Rivo, e adscrita á Red de Cátedras da Empresa Familiar de España.

O estudio elabourado polo investigador Alberto Vaquero amosa a dificultade para coñecer o impacto directo das medidas fiscais de apoio ao emprendemento e subliña e os continuos cambios normativos e de aplicación dificultan o despegue de novas empresas.

Vaquero conclúe a necesidade de formular novas medidas fiscais que realmente fomenten o emprendemento.

Ver estudo