Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As únicas empresas que crearon emprego durante a crise
1621
single,single-post,postid-1621,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
PRESENTACIÓN DE 50 PROPUESTAS PARA GALICIA DEL FORO ECONÓMICO DE GALICIA EN EL ANTIGUO RECTORADO. SANTIAGO LAGO PEÑAS, FERNANDO GONZÁLEZ LAXE, EMILIO PÉREZ NIETO.
Emilio Pérez Nieto (esquerda) e Santiago Lago Peñas (centro), responsable da Rede de Cátedras da Empresa Familiar.

28 Out As únicas empresas que crearon emprego durante a crise ESTUDIO/ Rede de Cátedras Empresa Familiar de Galicia

28.10.2016

As empresas familiares galegas foron as únicas que mantiveron creación de emprego durante os anos da recesión económica (2008-14) en Galicia. Un estudio que acaba de publicar a Red de Cátedras de Empresa revela que entre 2008 e 2014 as empresas familiares galegas aumentaron o emprego nun 1,67%, mentres que as empresas non familiares destruíron un 12,77% dos seus empregos.

A creación de emprego das empresas familiares se produce a pesar de que a súa caída da facturación e, sobre todo, dos beneficios é maior que os das empresas non familiares, o que constata o carácter raíz e o efecto sede que define ás empresas familiares.

O estudio da Rede de Cátedras da Empresa Familiar de Galicia está elaborado por Alejandro Domínguez, baixo a dirección de Santiago Lago Peñas e Elena Rivo López, responsables da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo. O traballo analiza a base de datos da Cátedra, integrada polas 552 maiores empresas galegas por facturación (331 familiares e 221 non familiares). As fontes de datos proceden do servizo de información Ardán, do Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Sistema de Balances Ibéricos (SABI).

Ver estudo