Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas familiares, máis estables durante a crise e a recuperación
1711
single,single-post,postid-1711,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
grafico empresas familiares crise
Facturación media das empresas Familiares (EF) e non Familiares (ENF) entre 2006 e 2015.

20 Mar As empresas familiares, máis estables durante a crise e a recuperación ESTUDIO/ Rede de Cátedras Empresa Familiar de Galicia

20.03.2017

Un estudio elaborado pola Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo constata un comportamento máis estable e anticíclico das empresas familiares galegas, fronte ao das empresas non familiares. O estudio analiza a evolución da facturación media das empresas galegas e a súa evolución no período 2006-2015 e mostra que tanto en etapas de descenso de ventas como nas de crecemento, a empresa familiar galega se comporta mellor.

O traballo mostra que o comportamento das empresas familiares durante o período da crise (2006-2015) ten sido territorialmente homoxéneo, sen distincións provinciais relevantes, a diferenza das empresas non familiares, que obteñen resultados moi dispares. Este estudio foi realizado con datos sobre facturación das 6.835 maiores empresas galegas (5.914 familiares e 921 non familiares).

A terceira nota da colección Recuperación de la Empresa Familiar: Análisis provincial analiza a variación da cifra de vendas ao longo do período de crise, realizando unha comparativa entre provincias e entre empresa familiar e non familiar. O traballo foi elaborado polo investigador Alejandro Domínguez, baixo a supervisión de Santiago Lago e Elena Rivo López, responsables da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo.

No período inicial da crise, as empresas familiares de Galicia non sufren moito o impacto. O estudio mostra a existencia dunha grande diversidade na evolución das empresas galegas durante a crise: mesmo nun período de recesión hai empresas que manteñen taxas de crecemento positivas.

A Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo traballa grazas a un convenio asinado por Abanca, Inditex, a Asociación Galega da Empresa Familiar e a Universidade de Vigo, para a difusión, docencia e investigación da singularidade e retos das empresas familiares.

Ver estudo[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]