Asociación Gallega de la Empresa Familiar | 180 xoves empresarios debaten sobre sucesión e emprendemento nas empresas familiares
1740
single,single-post,postid-1740,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Foto de grupo
Participantes na XIV edición do Fórum do Instituto da Empresa Familiar, celebrado o 12 de maio en Valencia.

18 Mai 180 xoves empresarios debaten sobre sucesión e emprendemento nas empresas familiares ENCONTRO/ XIV Fórum do IEF e as Asociacións Territoriais de Empresa Familiar

14.05.17

Os membros máis novos das familias empresarias integradas nas distintas asociacións territoriais do Instituto da Empresa Familiar (IEF) mantiveron o encontro anual en Valencia, entre o 12 e o 14 de maio.

Un total de 180 xoves, a máis numerosa representación reunida ata o de agora, participaron nunha fin de semana cargada de actividades formativas que versaron tanto sobre as claves internas do escosistema da familia empresaria (os procesos de sucesión, a cultura propia da empresa, desenvolvemento do talento), como sobre os retos que plantexa unha cultura empresarial moderna e innovadora .

A reunión comezou o venres cunha visita ao centro loxístico de Mercadona en Ribarroja del Turia, un símbolo da importante aposta da firma de Juan Roig polo I+D+i.

A xornada do sábado foi presidida por Juan Corona, director xeral do IEF e contou coa colaboración da firma Deloitte, Juan Antonio Bordas, socio la irma consultora, presentou un estudio sobre os cambios disruptivos producidos pola tecnoloxía e a necesidade de afrontalos desde unha perspectiva de anticipación.

Hortensia Roig, conselleira de Mercadona e secretaria da escola de empresarios EDEM, resaltou a importancia dos procesos de innovación e emprendemento. A experiencia Mercadona se constata no proxecto Marina de Empresas, un complexo reúne as funcións de viveiro, lanzadeira e captación de recursos para proxectos empresariais innovadores e económicamente sustentables.

Novos modelos de negocio

Félix Ruiz, cofundador de Tuenti e presidente de Jobandtalent, e Vicent Rosso (CEO de Seedpod e cofundador de Blablacar, ofreceron un diálogo sobre novos modelos de negocio, moderado por Beatriz Molins, consultora xerente de FIBAC e presidenta do Comité executivo do Fórum. Dous exemplos de innovación empresarial que defenderon a cultura da empresa, a eficiencia medible e un entorno laboral competitivo como claves para os novos proxectos empresariais.

Como complemento deste diálogo, unha experiencia dirixida por Alfonso Chiner, docente en IESE Business School, permitiu aos participantes analizar e valorar en equipo experiencias empresariais concretas.

A cultura especifica da empresa familiar estivo representada neste encontro pola mesa redonda na que participaron membros da familia Cosmen, propietaria da empresa transportista Alsa. Felipe Covadonga e Fernando Cosme, responsables do grupo familiar CMC XXI, explicaron o proceso de sucesión nunha compañía nacida en Asturias e que se prolonga xa por trece xeracións. A mesa redonda estivo conducida por Manuel Bermejo, director xeral do IESE Business School.

Ao papel das empresas familiares en España referiuse Susana Medrano, directora xeral de Popular Banca Privada, quen suliñou o peso no tecido empresarial español durante estes anos difíciles.

O Forum é un encontro formativo pensado para o coñecemento mutuo e o intercambio de experiencias empresariais e persoais entre os futuros líderes das empresas familiares españolas.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]