Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas familares renovan a presidencia na súa asemblea anual
1751
single,single-post,postid-1751,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
emilio perez nieto
O presidente das empresas familiares, Emilio Pérez Nieto (á dereita), nun acto da asociación.

19 Mai As empresas familares renovan a presidencia na súa asemblea anual XVII Asemblea

19.05.2017

A Asociación Galega da Empresa Familiar, presidida na actualidade polo empresario Emilio Pérez Nieto, renova o máximo órgano de dirección na súa XVII Asemblea anual de socios que se celebra o 22 de maio no Hostal dos Reis Católicos en Santiago.

A reunión dos socios da entidade que representa ás empresas familiares de Galicia servirá para facer o balanzo das actividades e accións emprendidas pola asociación durante o ano 2016.

Abrirá a xornada de Ignacio Osborne, presidente do Instituto da Empresa Familiar, e a xornada de traballo contará tamén coa participación de Carlos Espinosa de los Monteros, Alto Comisionado para a Marca España e ex-vicepresidente de Inditex, que analizará a situación actual de España no mundo. Está prevista a clausura da asemblea polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

A asociación reúne aos representantes das 55 principais empresas familiares galegas, que facturan 9.300 millóns de euros e representan o 83% do emprego empresarial en Galicia.