Margarita Hermo, directora da Asociación Galega da Empresa Familiar.

As empresas galegas seguen penalizadas en materia de sucesións Entrevista con Margarita Hermo

9.1.2017

De acordo coa opinión de expertos xurídicos e legais a situación actual do imposto de sucesións segue a ser desequilibrada en España. En Galicia, onde as grandes compañías son empresas familiares, esa situación supón un factor máis de risco empresarial e un agravio comparativo co panorama español.

A directora da Asociación Galega da Empresa Familiar, Margarita Hermo, opina que na situación actual “o imposto de sucesións é inxusto e debe desaparecer o cambiar radicalmente”, se se quere favorecer a continuidade das empresas.

En Galicia a situación actual do imposto de sucesións, reformado hai un ano, penaliza sobre todo ás empresas familiares, que en moitos casos ven perigar a súa continuidade por atender unha obriga de liquidez que non sempre poden afrontar sen recorrer á venda de activos.

A situación é moi distinta nas distintas comunidades autónomas, polo que a representante das empresas familiares galegas reclama ademais un esforzo de harmonización para evitar a deslocalización e protexer a continuidade empresarial en Galicia, onde as empresas familiares representan o 72% das grandes compañías.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]