Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas familiares duplican o aumento do PIB galego en 15 anos
2033
post-template-default,single,single-post,postid-2033,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

19 Xuñ As empresas familiares duplican o aumento do PIB galego en 15 anos

As empresas familiares galegas incrementaron nun 150% o valor engadido bruto (VAB) xerado nos últimos 15 anos, cun crecemento de máis do dobre que o conxunto da economía galega (68% no mesmo período). O estudo sobre o tamaño e o crecemento das empresas familiares galegas revela que as empresas con sede social e propietario galego tamén superan en crecemento en 31 puntos ao conxunto das empresas con sede fiscal en Galicia.

O tamaño da empresa familiar en Galicia foi presentado a principios de xuño na Coruña polo presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF), Víctor Nogueira, e a directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña, Berta Rivera. O traballo analiza a evolución do tecido empresarial galego, tomando como punto de partida a data de creación de AGEF, no ano 2000.

“Medramos mesmo nos anos da crise. Unha das razóns é que as empresas que vivimos aquí reinvertimos, axustámonos, pasámolo mal, pero estamos atadas ao efecto sede”, explica Víctor Nogueira. O incremento da riqueza xerada (VAB) das empresas familiares nos últimos 15 anos (+150%) é incluso maior ao crecemento da súa facturación (+86%). “É un bo dato de productividade, pero tamén de emprego e de reinversión dos excedentes”, subliñou o presidente de AGEF.

10 autonomías, con menos impostos que Galicia

Berta Rivera, directora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade da Coruña, expuxo que “Galicia ten aínda moito percorrido para mellorar as condicións de supervivencia e sostibilidade das empresas familiares galegas, que representan o 92% do tecido e o 83% do emprego empresarial directo en Galicia”.

O estudo revela que, a pesar das melloras dos últimos anos, aínda hai 10 autonomías que presentan mellores condicións fiscais que Galicia para facilitar a herdanza e a sucesión nunha empresa familiar. As empresas familiares galegas pagan 12 veces máis que Canarias ou 10 veces máis que Madrid á hora de tributar unha herdanza, segundo sinala o estudo de AGEF e o Instituto de Empresa Familiar.

O tamaño da empresa familiar en Galicia – Presentación AGEF