Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas familiares, decisivas na recuperación económica
1935
single,single-post,postid-1935,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Santiago Lago-Victor Nogueira
Santiago Lago, a esquerda e Víctor Nogueira, á dereita.

30 Nov As empresas familiares, decisivas na recuperación económica Santiago Lago e Víctor Nogueira sinalan a súa vocación de internacionalización

1.12.2017

O coordinador da rede de cátedras da empresa familiar nas tres universidades galegas, Santiago Lago, destacou o papel decisivo das empresas familiares na recuperación económica, nun recente encontro con medios informativos en Pontevedra. En opinión do economista, “ xunto á internacionalización, o papel das empresas familiares é o factor que máis influencia ten tido no comportamento da economía desde 2013”. Desde entón a recuperación económica mantén o seu ritmo de mellora, especialmente nos niveis de renta global, onde se achega ás cifras previas á crise, pero non no que respecta ao emprego, nin en cantidade nin en calidade.

O presidente das empresas familiares galegas, Víctor Nogueira, insistiu na mesma idea na súa conferencia diante da Cátedra de Empresa Familiar en Ourense. “Galicia está medrando en comercio exterior, batendo récords ano a ano en volume de exportación”, subraiou o presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar. Na actualidade o 74% das empresas familiares ten xa presencia no exterior. Víctor Nogueira resaltou ademais o impacto determinante das empresas familiares no mapa económico e empresarial, onde representan un 86% do emprego non público.