Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas de AGEF duplican o aumento da riqueza do PIB galego
2016
post-template-default,single,single-post,postid-2016,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
O presidente de AGEF, Víctor Nogueira, na presentación do estudo "O tamaño das empresas familiares galegas" na Coruña

19 Xuñ As empresas de AGEF duplican o aumento da riqueza do PIB galego Presentación do estudo 'O tamaño das empresas familiares galegas'

19.06.2018

As 55 empresas familiares da Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) lograron incrementar un 150% o seu valor engadido bruto (VEB) nos últimos 15 anos, o que supón máis do dobre do crecemento do PIB de Galicia, que foi do 68% no mesmo período.

Así o recolle o estudo sobre o tamaño e o crecemento das empresas familiares galegas desde o 2000, ano de creación de AGEF, presentado na Coruña o pasado 4 de xuño polo presidente da asociación, Víctor Nogueira, e a directora da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade da Coruña (UDC), Berta Rivera.

“Medramos mesmo nos anos da crise. Unha das razóns é que as empresas que vivimos aquí reinvertimos, axustámonos, pasámolo mal, pero estamos atadas ao efecto sede”, explicou o presidente.

O estudo do tamaño empresarial indica que as empresas de AGEF tamén superan en 31 puntos o crecemento das entidades que teñen a súa sede fiscal en Galicia.

O aumento da riqueza xerada por las empresas de AGEF é tamén superior ao incremento da facturación das mesmas, do 86%, algo que, segundo Nogueira, “é un bo dato de productividade, pero tamén de emprego e de reinversión dos excedentes”.