Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As empresas de AGEF dedican 44,5 M€ anuais á inversión social
2110
post-template-default,single,single-post,postid-2110,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

As empresas de AGEF dedican 44,5 M€ anuais á inversión social As tres cuartas partes considera que o mecenado reflicte unha mostra de compromiso co entorno

29 Xan As empresas de AGEF dedican 44,5 M€ anuais á inversión social As tres cuartas partes considera que o mecenado reflicte unha mostra de compromiso co entorno

29.01.2019. A Asociación Galega da Empresa Familiar (AGEF) presentou hoxe en Vigo o resultado dun estudo sobre mecenado e patrocinio das súas 58 empresas asociadas que lles atribúe unha inversión de 44,5 millóns de euros anuais en mecenado e patrocinios en apoio duns 4.800 proxectos, asociacións e ONG do seu entorno máis directo.

De entre todas as empresas enquisadas, o 58% considera que o efecto sede e a aproximación dos propietarios ao seu entorno é o factor que máis inflúe na redistribución de beneficios en forma de inversión social en Galicia.

Por outro lado, as tres cuartas partes das empresas familiares considera que o mecenado reflicte unha mostra de compromiso co entorno.

O estudo, elaborado por AGEF en colaboración con Ardán e a Rede de Cátedras da Empresa Familiar das universidades galegas, foi presentado polo presidente de AGEF, Víctor Nogueira, e o cordinador das cátedras da Empresa Familiar na UVigo, a USC e a UDC, Santiago Lago.