Asociación Gallega de la Empresa Familiar | As asociacións da empresa familiar inician un ciclo de encontros “online” con expertos
2492
post-template-default,single,single-post,postid-2492,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

As asociacións da empresa familiar inician un ciclo de encontros “online” con expertos

05 Mai As asociacións da empresa familiar inician un ciclo de encontros “online” con expertos

5 de maio de 2020. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) vén de poñer en marcha, de forma conxunta con todas as asociacións territoriais de España, o ciclo de encontros online A empresa familiar comparte, un espazo onde expertos de alto nivel en economía e empresa de toda España comparten os seus coñecementos en diversas materias.

O primeiro encontro dixital, baixo o título, Finanzas sostibles para a empresa familiar en tempos da Covid-19, contou coa participación do presidente do Instituto de Crédito Oficial (ICO), José Carlos García de Quevedo, os conselleiros delegados das compañías familiares Impulso e Horizont Family Company, respectivamente Jorge Suárez e Manuel Huerta, e o socio fundador de Todo Embalaje, Juan Martí.

O ciclo A empresa familiar comparte é un espazo creado para compartir coñecemento e poñer en valor o peso da empresa familiar no noso país, que representa en Galicia o 92% do tecido empresarial (89% no caso do conxunto de España), o 86% do emprego (67% a nivel estatal) e o 85% do PIB (57% en todo o Estado).