Asociación Gallega de la Empresa Familiar | A rebaixa do imposto de Sucesións beneficia a 32.147 herdeiros galegos
1594
single,single-post,postid-1594,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Perez Nieto e Valeriano Martínez
O presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Emilio Pérez Nieto (esquerda), e o conselleiro de Facenda da Xunta de Galicia, Valeriano Martínez.

15 Set A rebaixa do imposto de Sucesións beneficia a 32.147 herdeiros galegos

15.09.2016

A rebaixa do imposto de Sucesións e Doazóns posta en marcha pola Xunta de Galicia en xaneiro deste ano ten beneficiado xa a 32.147 galegos que teñen aforrado fiscalmente uns 1.500 euros de media, a causa da exención dos primeiros 400.000 euros dunha herdanza. Os datos corresponden aos primeiros 8 meses do ano 2016 (xaneiro-agosto) e foron divulgados hoxe pola Consellería de Facenda da Xunta.
A administración autonómica galega puxo en marcha unha forte redución da carga fiscal sobre as herdanzas, con intención de favorecer as herdanzas empresariais, facilitar a transmisión de empresas e evitar peches. Segundo os cálculos do Goberno galego en 2015 a Xunta ingresou 160 millóns de euros en concepto do imposto de Sucesións e Doazónz, cifra que ao cabo do ano 2016 se reducirá en 70 millóns de euros coa reforma fiscal.