Asociación Gallega de la Empresa Familiar | A profesionalización, peza clave na continuidade empresarial
2265
post-template-default,single,single-post,postid-2265,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

A profesionalización, peza clave na continuidade empresarial Os novos retos para a alta dirección das compañías centraron o II Foro do Conselleiro

15 Out A profesionalización, peza clave na continuidade empresarial Os novos retos para a alta dirección das compañías centraron o II Foro do Conselleiro

15 de outubro de 2019. A captación de talento e a profesionalización nas empresas familiares para a formación dun bo goberno corporativo é unha das pezas clave para asegurar a continuidade das compañías, o que o convirte nunha vantaxe competitiva. Así se puxo de manifesto hoxe no III Foro do Conselleiro centrado en Novos retos para a alta dirección das compañías, que tivo lugar en Santiago de Compostela baixo a organización da Asociación Galega da Empresa Familiar e a Asociación para o Progreso da Dirección (APD), coa colaboración do Banco Santander.

“A captación de talento fóra da familia é imprescindible para asegurar a supervivencia da empresa familiar. Por iso, apostar pola formación é fundamental e a chegada de altos directivos favorece a existencia dun plan estratéxico, tan importante dentro das compañías”, sinalou o presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar, Víctor Nogueira, quen tamén salientou a importancia de contar cun sistema fiscal competitivo.

O foro abordou a importancia da capacidade de xestionar os riscos nun entorno socioeconómico cambiante e incerto. Pilar Zulueta, conselleira independente de Grupo Masmóvil e de Everis NTT Data, subliñou a necesidade de combinar o liderado e as competencias coa incorporación de tendencias, tecnoloxía e a xestión dos datos, que calificou como o novo petróleo, así como de contar cun bo código de goberno corporativo.

O ex fiscal xeral do Estado e of counsel de Garrigues Eduardo Torres-Dulce incidiu na importancia de que as empresas familiares conten cun horizonte de responsabilidade corporativa en materia de igualdade, sostibilidade ou loita contra a corrupción, así como de fixar un mapa de riscos, tras a entrada en vigor en 2010 da responsabilidade penal das persoas xurídicas e corporate compliance.

Sobre as boas prácticas de goberno corporativo reflexionaron Elena Rivo, subdirectora da Cátedra da Empresa Familiar e comisionada de cordinación institucional da Universidade de Vigo, quen destacou a necesidade dunha boa comunicación na empresa familiar e puxo como exemplo a transmisión de información entre o consello de administración e a familia; Teresa Mariño, conselleira independente e presidenta do comité de auditoría de Altia, que puxo en valor a capacidade de transmitir a estratexia da compañía a todas as persoas que a integran; e Juan Francisco Amil, director xeral adxunto de Emalcsa, que puxo o acento na disección entre o consello de familia e o consello de administración e a importancia de contar cunha responsabilidade social corporativa clara.