Asociación Gallega de la Empresa Familiar | A empresa familiar galega pide claridade para recuperar a economía
2474
post-template-default,single,single-post,postid-2474,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

A empresa familiar galega pide claridade para recuperar a economía

20 Abr A empresa familiar galega pide claridade para recuperar a economía

20 de abril de 2020. A Asociación Galega da Empresa Familiar (Agef) solicita unha maior transparencia nos posibles escenarios e calendarios da actividade económica dos vindeiros meses, un requisito esencial para que as compañías poidan enfocar a estratexia de recuperación da actividade tras a crise do coronavirus. O 86% das empresas familiares viron reducida a súa actividade, cun descenso superior ao 60% ou paro de actividade no 42% dos casos, segundo os datos do Instituto de Empresa Familiar (IEF) en colaboración co Banco de España.

Para as empresas galegas de propiedade familiar, que son o 92% das compañías de Galicia, faise imprescindible coñecer os prazos e os escenarios contemplados e alternativos de recuperación económica que manexan as institucións a nivel europeo, estatal e autonómico para tomar decisións como a solicitude de expedientes de regulación temporal de emprego, definir a progresiva reincorporación dos traballadores aos seus postos profesionais ou o cálculo dos recursos financeiros a solicitar, entre outras.

Reimplantar a actividade económica é necesario en todos os sectores, e especialmente nos máis castigados pola crise sanitaria, que practicamente teñen que reanudar a súa actividade dende cero, como automoción, transporte, servizos, hostalaría e turismo.

“Estamos a vivir unha crise sen precedentes en todo o mundo e a situación de incertidume na economía é lóxica e comprensible, pero as empresas familiares somos o motor da economía da nosa comunidade e precisamos máis información para poder enfocar as estratexias que nos permitan saír adiante. O que pedimos é coñecer publicamente as diferentes hipóteses das fases de reimplantación da actividade económica e social que está a manexar 0 Goberno, así como os calendarios alternativos”, sinala Víctor Nogueira, presidente da Asociación Galega da Empresa Familiar.

As compañías familiares galegas aportan o 83% do emprego e o 85% do valor engadido bruto empresarial (VAB) de Galicia e son un piar fundamental nas épocas de crise, cun maior mantemento dos postos de traballo. Os datos do IEF e o Banco de España indican que case a metade das empresas de propiedade familiar conseguiron reducir a caída do emprego por debaixo do 20% durante a crise do coronavirus.

As empresas familiares de Galicia reiteran o seu apoio ás autoridades en todas as accións que impulsen a recuperación económica e incide na necesidade de solucións económicas e fiscais como a prórroga de impostos que permitan a inxección de liquidez.