Asociación Gallega de la Empresa Familiar | A asociación achega o mundo da empresa aos futuros directivos
1954
post-template-default,single,single-post,postid-1954,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Margarita Hermo, directora da Asociación Galega da Empresa Familiar, Berta Rivera, da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de A Coruña, e Joaquín Pérez Bellido, do grupo Pérez Rumbao, no acto da Coruña.

25 Feb A asociación achega o mundo da empresa aos futuros directivos Conferencias na Universidade de A Coruña e no IESIDE en Vigo

23.02.18

A Asociación Galega da Empresa Familiar promove un programa de conferencias sobre experiencias empresariais para os estudantes galegos das especialidades de xestión e administración de empresas. O programa pretende achegar á figura do empresario e das empresas familiares galegas ao través da universidade e as escolas de negocios.

O ciclo inaugurouse coa intervención do presidente da asociación, Víctor Nogueira no acto de presentación o 8 de febreiro na Universidade da Coruña, sobre as claves que definen a empresa familiar en Galicia.

Ao través desa mesma Cátedra da Empresa Familiar da Universidade da Coruña o día 22 interveu Joaquín Pérez Bellido, conselleiro delegado do grupo automobilístico Pérez Rumbao. O representante da terceira xeración dunha empresa de automoción líder en Galicia en coches e vehículos industriais explicou o traxecto e a estratexia de diversificación dunha empresa familiar que arrancou cun pequeno garaxe-taller.

O mesmo día 22 no centro vigués do IESIDE (Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa) de Abanca, interveu Iván Gómez Veiga, director xeral de Hogomar, compañía que agrupa adegas e empresas de distribución do sector alimentario. Fillo de Horacio Gómez, fundador da empresa, compartiu cos alumnos asistentes a súa experiencia de diversificación nunha firma familiar que hoxe ten arredor de 500 empregados. O proxecto empresarial se desenvolve cara á profesionalizacion e a internacionalización, tras consolidar unha rede de distribución baseada en acordos con grandes superficies pero que mantén a personalidade das marcas propias no negocio alimentario.

O ciclo de conferencias da Asociación Galega da Empresa Familiar centrarase en próximas sesións en experiencias de internacionalización, innovación, diferenciación, creación de valor de marca ou o compromiso co entorno de empresas familiares galegas como Norvento, Coren, Hijos de Rivera ou Conservas Calvo.