Asociación Gallega de la Empresa Familiar | 72 das 100 maiores empresas galegas son familiares
683
single,single-post,postid-683,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-title-hidden,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive
Os expertos en internacionalización destacan a potencia das empresas familiares galegas.
Os expertos en internacionalización destacan a potencia das empresas familiares galegas.

29 Dec 72 das 100 maiores empresas galegas son familiares

Un total de 72 das 100 principais compañías por facturación que presentan as súas contas en Galicia son empresas familiares, segundo a clasificación recollida polo último directorio Ardán que elabora o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Entre as 72 maiores firmas familiares inclúense sociedades de 1ª, 2ª, 3ª e ata 4ª xeración. Entre as 28 firmas que non son de carácter familiar figuran multinacionais con filiais en Galicia, sociedades pertencentes a grupos bancarios e eléctricas e outras 9 empresas de orixe familiar que foron adquiridas por outros propietarios.