Asociación Gallega de la Empresa Familiar | 7 de cada 10 empresas familiares agardan aumentar as súas vendas este ano
2160
post-template-default,single,single-post,postid-2160,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-7.7,wpb-js-composer js-comp-ver-4.7.4,vc_responsive

7 de cada 10 empresas familiares agardan aumentar as súas vendas este ano O 57% dos enquisados polo Instituto de Empresa Familiar confía en manter os seus niveis de emprego

29 Mai 7 de cada 10 empresas familiares agardan aumentar as súas vendas este ano O 57% dos enquisados polo Instituto de Empresa Familiar confía en manter os seus niveis de emprego

29 de maio de 2019. O 71% dos empresarios familiares agardan aumentar a súa cifra de vendas este ano, o que supón un incremento de catro puntos con respecto ao ano pasado. Así o indica o estudo realizado na asemblea anual do Instituto de Empresa Familiar (IEF), do que tamén se desprende que case seis de cada dez, o 57%, confía en manter nos próximos 12 meses os niveis de emprego actuais, 15 puntos máis que en 2018.

En canto ao investimento, o 67% prevé aumentar o seu investimento en España ao peche do ano en curso, un incremento de catro puntos en relación co ano pasado.

O 72% dos enquisados sinalan que a súa presenza internacional consiste na produción no exterior, fronte ao 19% que salientan a súa presenza comercial no exterior, o 7% a venda ao exterior e o 12% que indica que a súa empresa non está internacionalizada.

O que descendeu con respecto ao ano pasado é a valoración dos empresarios familiares da situación económica actual, que califican con 5,64 puntos, fronte ao 6,39 de 2018. As previsións tamén son menos optimistas, xa que o 55% prevé un crecemento fráxil da actividade sen creación neta de emprego a curto e medio prazo, mentres no 2018 o 85% auguraba un aumento moderado da actividade cunha limitada creación neta de emprego.

A formación, unha prioridade

Entre as medidas estatais a desenvolver a longo prazo, os empresarios familiares priorizan por riba de todas as demáis a consecución dun pacto de educación e formación, seguido dun pacto de modelo territorial, un pacto de simplificación fiscal e administrativa e, finalmente, un pacto das pensións. Neste sentido, o 33% considera que a empresa debe implicarse na formación da xente nova de forma directa a través da formación do profesorado.

Se ben o 45% opina que o legado político máis importante dun goberno é a estabilidade política e institucional, o 43% decántase por un bo nivel de educación e cualificación profesional.